tit_plantransporte.gif

 
 
 buscar
Plan de Transporte
 Metropolitano
Política Tarifaria
A Tarxeta Metropolitana
 de Galicia
Buscador de Rutas
Novas - Publicacións
Preguntas máis frecuentes
 
 
 

Plan Transporte Metropolitano


O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.

Para acadar ese obxectivo a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes prevé unha serie de medidas diversas, como son a mellora dos servizos e das infraestruturas.

Porén, a medida máis salientable é a redución no prezo dos billetes que deben aboar os usuarios, grazas ás bonificacións que sobre o prezo normal asumen a Xunta de Galicia , os concellos e os propios operadores de transporte.

A introdución destas bonificacións tivo un impacto positivo respecto do obxectivo de incrementar o número de usuarios e de reducir a dependencia do vehículo privado.

Estes resultados poñen de manifesto a necesidade de ampliar os ámbitos de aplicación e articular novas medidas.

Por iso, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes presentou o novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

Este novo plan sostense en catro piares básicos:

- Integración tarifaria: a novidade radica no cambio do actual modelo quilométrico a un modelo zonal. Isto supón pasar de distintos prezos segundo a distancia entre os puntos de orixe e chegada a unha tarifa única para cada ámbito zonal previamente definido, independentemente do modo de transporte público utilizado, da empresa que preste o servizo e do número de transbordos que faga o usuario, porque estes serán gratuítos se se realizan nun espazo de tempo predefinido.

- Mellora da oferta de servizos: concretarase no incremento das frecuencias nos corredores metropolitanos e no aumento da cobertura do sistema de transporte público sobre o territorio.

- Mellora das infraestruturas: o obxectivo é mellorar a información para os cidadáns nas terminais e puntos de parada. Para iso actuarase sobre cuestións tales como a colocación e renovación de marquesiñas e postes de parada.

 
 
logotmg.gif

FAQS
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.